domingo, 25 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (2ª PARTE)

       ROSALÍA VIAXEIRA

      Ofrecémosvos a mostra do traballo de todas as clases do cole que aínda podedes desfrutar na entrada do cole. Noraboa!












domingo, 18 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 23 DE FEBREIRO DE 2024

 Bo día mosteiriñas e mosteiriños!

       Como cada ano, o 23 de febreiro conmemoramos no aniversario do seu nacemento, o día de Rosalía de Castro, a nosa escritora galega con máis sona no mundo enteiro.




       Para mostrar a súa relevancia e pegada na nosa cultura, desde o equipo de dinamización fixemos a proposta de viaxar por diferentes lugares ou espazos dedicados a esta poetisa e novelista galega: rúas, monumentos, rutas, institucións... e incluso fóra do noso planeta!


"ROSALÍA VIAXEIRA"

       

       Axiña coñeceredes o resultado desta viaxe con Rosalía!


       Mentres, ide desfrutando da súa poesía con esta versión musicada de Uxía.









lunes, 11 de diciembre de 2023

O APALPADOR CHEGA CO NADAL!!

     Polas noites frías do Nadal, nas montañas do Courel e de Trives,  anda un home de oficio carboeiro, cunha saquetiña chea de castañas para lle dar aos nenos e nenas.

     Imos achegarnos a este personaxe coa música. Aquí tedes catro enlaces interesantes para coñecelo! Só tedes que clicar en cada unha das imaxes do Apalpador para desfrutar con cada cantiga!
















BO NADAL E FELIZ 2024!!


lunes, 16 de octubre de 2023

O MAGOSTÍN!

       Ola, mosteiriñas e mosteiriños! Estamos encantados/as de que un curso máis vos acheguedes a este "espazo en galego". 

     Para este curso temos preparadas moitas novidades. Comezamos a nosa andaina, nada máis e nada menos que co Magosto e o Samaín. Este ano veñen xuntos da man e transfórmanse no...
MAGOSTÍN!!!!

      Así que, ademais de comer castañas, imos comezar unha viaxe... de medo!

      Coñeceremos a NUBEIROS, TRASNOS, MEIGAS E BRUXAS, A MARUXAINA... Todos e todas son personaxes da Mitoloxía Galega.

      Pero... ollo! 

      Se ademais sodes uns mosteiriños e unhas mosteiriñas valentes e viaxeiros/as, podedes ir coa vosa familia visitar a Senda Mitolóxica do Monte do Viso en Santiago de Compostela, onde atoparedes todos estes seres arrepiantes. Preparados e preparadas para a aventura?

Pois adiante!!!


     Se clicades na imaxe podedes acceder a unha páxina de información sobre a Senda Mitolóxica do Monte do Viso e coñecer todos os seres que podedes atopar.


BENVIDOS E BENVIDAS!

      Comezamos o curso 2023-24 dándovos a benvida a todos e a todas. 
      Neste blog atoparedes información de interese sobre diversas conmemoracións, tradicións e personaxes relevantes da nosa cultura.
      Temos novidades!!
      Na nosa biblioteca contamos cun novo recuncho"Galego no Mosteiro". Nel iredes atopando novas verbas.  

      Xa o visitástedes? Pois agora xa está cheo de palabras! Subide á biblio a descubrilas...



   

miércoles, 19 de abril de 2023

RETO 4: ADIVIÑA, ADIVIÑA... ONDE ESTOU?

Ola mosteiriños e mosteiriñas,

Xa estamos aquí cunha nova entrega: 4º RETO!

Os mestres/as da escola achegáronse ata algúns dos seus lugares favoritos da nosa contorna, fixeron unha foto e enviárona xunto coa seguinte pregunta: ADIVIÑA, ADIVIÑA... ONDE ESTOU?

Atrevédesvos con este desafío? Seguro que si! Pois prestade logo moita atención:

  • Observade ben a foto, investigade, consultade e, se averiguades de que lugar se trata, escribídeo nun papel xunto co voso nome e curso. Unha vez feito, xa podedes depositalo no sobre de RETOS que tedes na vosa aula.

  • Se ademais es un intrépido/a explorador/a, achégate, xunto coa túa familia, a ese mesmo lugar e toma unha foto para entregarlle ao teu titor/a (é válida como resposta correcta).

Queres participar? Debes entregar a túa resposta antes do 20 de maio. Tedes un mes para tentar resolver este cuarto e último reto. Doado, verdade?

Anímate e participa! Cada mes, o teu titor/a rexistrará no listado que estará exposto na aula os acertantes de cada RETO.



PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR ↑




Moito ánimo mosteiriños e mosteiriñas.

É tempo de darlle á testa e, por suposto... Á LINGUA GALEGA!!!





miércoles, 15 de marzo de 2023

23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA


 
Compartimos un vídeo resumo dalgunhas actividades organizadas para a conmemoración do 23 de febreiro, día de Rosalía de Castro.